AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES. 2018


VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.
Resolución do 5 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o  ano 2018. 

Obxecto 

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2018 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos. 

Cada asociación ou federación só poderá presentar soliciude de axuda para unha das liñas previstas no número 1 anterior.

Beneficiarias

As asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, sen ánimo de lucro, que cumpran os requisitos, condicións e obrigas previstas nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións, en particular as seguintes:

a) Ter domicilio social en Galicia.
b) Estar legalmente constituidas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
c) Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). Este requisito verificarase de oficio pola unidade de Igualdade instrutora do procedemento.
d) Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuir a promover a igualdade entre homes e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social.
e) As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90% da totalidade das persoas asociadas.
f) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable de entidade interesada. 

Prazo de presentación de solicitudes 

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 

DOG Núm.5 Luns, 8 de xaneiro e 2018

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA