AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO, 2017

 
RESOLUCIÓN DO 17 DE MARZO DE 2017, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE REGULAN AS BASES PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA  A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO 2017.
 Tipos de axudas
1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionadas como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.
Contía das axudas

Axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero
1.1. O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente ao de seis meses do subsidio por desemprego vixente.
1.2. O importe desta axuda será equivalente a doce meses de subsidio por  desemprego  nos seguintes casos:
     a) Cando a vítima teña a cargo un familiar ou menor acollido/a.
     b) Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, tivese unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
1.3. O importe desta axuda será equivalente a dezaoito meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:
        a) Cando a vítima teña ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a.
       b) Cando a vítima teña ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a, e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou a persoa dependente.
1.4. O importe desta axuda será equivalente a vinte e catro  meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:
        a) Cando a vítima teña ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas dependentes.
       b) Cando a vítima de violencia de xénero con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva teña recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Axudas de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei  11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero
         A contía da indemnización que se aboará será, sen prexuízo do disposto no seguinte parágrafo, a fixada pola resolución xudicial correspondente que quede pendente de pagamento logo da declaración de insolvencia do obrigado a esta.
            A contía máxima da indemnización establécese en 6000 euros, excluídos xuros de mora,  por cada persoa beneficiaria.
DOGA Nº 59. Venres, 24 de marzo de 2017

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA