Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2017

CHARLA INFORMATIVA: "SINAIS DA VIOLENCIA"

Imagen
  "SINAIS DA VIOLENCIA"      Venres, 17 de febreiro 10:30 horas CIM SILLEDA Chousa Nova 67 Teléfono 986592037 Pon ente: María del Pilar Díaz Burgos. Técnica do Centro de Recuperación Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero (CRI)

CONECTADAS 2017

Imagen
FINALIDADE DO PROGRAMA Mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías. ENTIDADES DESTINATARIAS Este programa irá destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Cada entidade poderá presentar unha única solicitude, que se presentará no Rexistro xeral da Deputación ou en calquera das oficinas de rexistro da institución provincial. Pódense consultar as distintas oficinas existentes e os horarios na