Entradas

Mostrando entradas de enero, 2016

SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL. 2016. XUNTA DE GALICIA

Imagen
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 29 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN A AS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL, CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2016 FINALIDADE Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas novas desempregadas que figuren inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da Garantía Xuvenil e que pretendar desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia. PERSOAS BENEFICIARIAS As persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que procedan á creación do seu propio p

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS 2016. XUNTA DE GALICIA

Imagen
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. ORDE DO 31 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES POLAS QUE SE REXERÁ A PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016 PERSOAS BENEFICIARIAS 1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2 de xaneiro de 2013 e o 1 de xaneiro de 2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha da persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso. No caso de fillas ou fillos adoptadas/os ou acollidas/os entre o 31 de  decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare. Así mesmo, serán beneficiarias de esta ax

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL. XUNTA DE GALICIA. 2016

Imagen
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 29 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL, CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL. 2016.     OBXECTO Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos programas de incentivos á contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través dos seguintes programas: a) Programa de incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación.   b) Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación en contrato indef

PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFENIDA DE PERSOAS ASALARIADAS. 2016. XUNTA DE GALICIA

Imagen
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 29 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS. 2016.   Persoas beneficiarias 1. Persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade. 2. Persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade. Ámbito de aplicación temporal e contratacións subvencionables Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016. A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo. Requisitos

PREMIOS Á COOPERACIÓN 2016. XUNTA DE GALICIA

Imagen
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 22 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DOS PREMIOS Á COOPERACIÓN 2016. Finalidade Poderán optar  a  estes premios as cooperativas e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na comunidade autónoma galega. Destinatari@s Poderán optar a estes premios as cooperativas e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na comunidade autónoma galega.    Premios a) Premio aos valores cooperativos. 5.000 euros. b) Premio ao mellor proxecto cooperativo. 5.000 euros. c) Premio á promoción do cooperativismo. 5.000 euros.  Prazo de presentación de solicitudes Ata o 15 de maio de 2016.  

SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR A REMUDA COMERCIAL. XUNTA DE GALICIA.

Imagen
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 22 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR A REMUDA COMERCIAL 2016 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO IN216A). Obxecto Facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial. Contías da subvención a) @s transmisor@s que  teñan a idade ordinaria para causar a pensión de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñesen desenvolvendo, que se fixa na cantidade de 800 euros. b) @s transmisor@s que non teñan acadada a idade ordinaria de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que se posúan e a varied

ASÍ DE FÁCIL

Imagen

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DE IMAXE, MODERNIZACIÓN, ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA E ARTESANAL GALEGO. XUNTA DE GALICIA.

Imagen
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 22 DE DECEMBRO  DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DE IMAXE, MODERNIZACIÓN, ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA E ARTESANAL GALEGO E SE PROCEDE A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2016 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO IN201H). Réxime das subvencións Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións: 1. Para @s comerciantes retallistas. a) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cuadrados. Investimento máximo subvencionable 10.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40%. b) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda. Investimento máximo subvenciona

BOLSEIR@S

Imagen
  CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 22 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DAS BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO 2016 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO IN225A). Convocatoria e bases reguladoras Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de catro bolsas de formación na Consellería de Economía, Emprego e Industria da Comunidade Autónoma de Galicia, na Dirección Xeral de Comercio. Ao  abeiro do disposto no artigo 37 bis da lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, reservarase o 50% das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos nesta convocatoria, que accederán á quenda reservada só se non hai suficientes solicitudes de participación de mulleres. Se non hai suficientes solicitudes de mulleres, as prazas cubriranse con homes. Obxecto e duración das bolsas de formación As  bolsas de formación na Dirección Xeral de Comerci

PROGRAMA CONECTADAS 2016. DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

Imagen
Este programa ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.   Entidades destinatarias A Deputación considera necesario favorecer o asociacionismo entre as mulleres xa que, precisamente, son as asociacións, federacións e fundacións que traballan no eido da muller as que teñen por obxecto a súa promoción, as que coas súas actividades poden incidir de forma directa na participación e promoción das mulleres na sociedade pontevedresa. Este programa irá destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e actuación, o empoderamento das mulleres, ao igual que o seu tecido asociat