Un dos obxectivos xerais da Concellería responsable do área de Igualdade do Concello de Silleda é dar resposta ás necesidades das mulleres que se encontran en situación de especial vulnerabilidade, impulsar a súa participación e tomar en consideración as súas necesidades específicas. A actual crise económica e social converteu ás mulleres no obxectivo máis exposto ás situacións de precariedade e risco social. Neste escenario, como medida de apoio urxente e coa finalidade de colaborar á cobertura das necesidades básicas de alimentación, o CIM de Silleda proporcionará durante o mes de decembro dez almorzos diarios a mulleres que se atopen en situación de especial vulnerabilidade e familiares ao seu cargo. Temos un café pendente para ti