Entradas

Mostrando entradas de junio, 2009

"PREMIOS IRENE: La paz empieza en casa" 2009

Imagen
O Ministerio de Educación e Ciencia creou no ano 2006 os "Premios Irene: La paz empieza en casa", co obxeto de previr a violencia contra as mulleres e promover a igualdade real entre mulleres e homes, mediante o impulso de experiencias e propostas que desenrolen esta finalidade. Premiaranse experiencias educativas, materiais curriculares e de apoio, así como aqueles traballos innovadores que contribuíran a previr e erradicar as conductas violentas e a promover a igualdade e a cultura da paz, co obxetivo de desenrolar estratexias de convivencia igualitaria entre homes e mulleres. Ditas experiencias deberanse ter realizado durante as duas anteriores a esta convocatoria e contar coa aplicación práctica nas aulas. Participantes Profesores/as e profesionais da educación que exerzan a súa actividade en centros de ensinanza españois financiados con fondos públicos, que estiveran en activo durante a realización da experiencia ou actividade que se presenta a concurso. D

AXUDAS A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE

Resolución do 4 de xuño de 2009 OBXECTO Regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo. ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES As axudas, na modalidade de pagamento único, serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de setembro de 2008 e ata o 31 de agosto de 2009, se atopen nunha situación de redución da xornada de traballo de ata un máximo da metade da duración daquela para o coidado dun/dunha fillo/a menor de 3 anos. O tempo máximo polo que se poderá conceder a axuda será de 8 meses ininterrumpidos e o tempo mínimo deberá ser de 60 días naturais ininterrumpidos. BENEFICIARIOS a/ Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas, sempre que est

Obradoiro de Memoria

Imagen
Do martes 23 de Xuño ao xoves 23 de Xullo levaremos a cabo un novo Obradoiro de Memoria gratuito no CIM. O horario será de 11:00 a 12:00 tódolos martes e xoves. O prazo de inscrición xa está aberto, podedes apuntarvos no tlf: 986.59.20.37, ou nas oficinas do CIM ou do Centro Social: Avda do Parque nº 67. Pon en forma a túa mente para este verán! Apúntate xa!

Humor: Curso de Formación pra Homes

Obxetivo pedagóxico: Permitir aos homes desenrolar esa parte do cerebro que ainda ignoran. PROGRAMA BÁSICO 4 módulos dos cales o primeiro é obrigatorio MÓDULO I (curso obrigatorio) Aprender a vivir sen a súa nai (200 horas) "A miña muller non é a miña nai" (35 horas) O futbol non é máis que un deporte, quedar fora do Mundial NON é a morte (500 horas) MÓDULO II: "Vida en parella" Ter nenos sen volverse celoso (50 horas) Superar o síndrome de dependencia do mando a distancia (55 horas) Non orinar fora do inodoro (100 horas): exercicios prácticos en video Os zapatos non van sós ao armario (80 horas) Cómo chegar ata o cesto da roupa sucia sen perderse (50 horas) Cómo sobrevivir a un catarro sen agonizar (50 horas) MÓDULO III: "Tempo libre" Pasar o ferro en duas etapas a unha camisa en menos de 2 horas (exercicios prácticos) Dixerir cerveza sen arroutar mentres pon a mesa (exercicios prácticos) MÓDULO IV: "Curso de cociña" Nivel I (principiantes): &